López de Leis
López de Leis
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha cruz de sinople colocada en xefe e debaixo dela, seis besantes de ouro en dous paos de tres; bordo de goles cargado de dous escudiños nos cantóns do xefe, o do sinistro de azul con trece besantes de azul coa mesma colocación, acompañados de oito castelos e oito aspas de ouro alternando, de forma que no centro do xefe hai un castelo e outro no centro da punta.