López de Lemos
López de Lemos
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que, ao parecer, tivo a súa orixe en Vasco de Lemos, quen participou xunto co Rei Afonso I o Católico na conquista e repoboación das terras de Lugo cara ao ano 740. Posteriormente, Ramiro II outorgou un privilexio aos señores de Sober e Ferreira no ano 847, en que confirmaba a súa posesión sobre estas terras e así pasaron a denominarse López de Lemos. Trae por armas, en campo de azul, trece besantes de prata, colocados en tres paos de catro, cinco e catro.