López Domínguez, José
López Domínguez, José
Militar e político. Uniuse ao pronunciamento de O’Donnell (1854), loitou en Marrocos (1859-1860) onde acadou o grao de coronel, e en 1868 apoiou o seu tío, o xeneral Serrano, na Revolución de Setembro. Deputado nas Cortes de 1869 e axudante militar de Amadeo I, foi xefe do exército do N que loitou contra os carlistas e os cantonalistas de Cartagena (1873-1874). Foi xefe do Partido Liberal-Fusionista despois da Restauración e, rehabilitado posteriormente, ministro da Guerra (1883, 1892-1895 e 1906) e presidente do goberno (1906). Publicou Cartagena. Memorias y comentarios sobre el sitio... (1877).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Marbella -
Deceso
Lugar : Madrid