Loreto
Loreto
Cidade situada na provincia de Ancona, Marcas, Italia (10.303 h [1991]). Situada sobre un outeiro que domina o Adriático, é un centro de peregrinaxe mariana moi importante. A difusión da lenda de que en 1294 foi transportada a este outeiro a casa onde a Virxe recibiu o anuncio do arcanxo, deu pé á construción dunha igrexa onde se acumularon valiosas pinturas e esculturas.