Los Angeles Times
Los Angeles Times
[PUBLIC]
Xornal fundado en EE UU en 1881 por Nathan Cole e Thomas Gardiner. Ao ano seguinte, o coronel Harrison Gray Otis converteuse en socio desta publicación e da Weekly Mirror, e fusionounas para crear o grupo Times-Mirror Company (1884). A partir da década de 1960, a publicación comezou a súa expansión e pasou a ser unha das máis relevantes do país.