Losón, Santa Baia de
Losón, Santa Baia de
Antigo mosteiro situado en Lalín. Dependeu do mosteiro de Piloño e a partir de 1175 foi priorado de San Lourenzo de Carboeiro. A igrexa que se conserva data do s XII e só segue en pé a ábsida xa que se perdeu a nave. O arco triunfal é de medio punto, con estela sobre columnas encastradas.