Louisville

Louisville

Cidade do N do estado de Kentucky, EE UU (256.231 h [2000]). Situada na ribeira esquerda do río Ohio, está unida por unha ponte ás cidades de New Albany e Jeffersonville (Indiana). É o principal centro industrial e cultural do estado. Ten metalurxia, industrias mecánicas, de construcións aeronáuticas, produción de caucho sintético, industrias gráficas, do vidro e cerámica. É o mercado nacional do tabaco e da madeira.