Louro, Monte e Lagoa de

Louro, Monte e Lagoa de

Espacio natural, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC, 2001), situado ao N da ría de Muros e Noia. O monte de Louro, situado nunha pequena península da entrada da ría de Muros e Noia, constitúe un afloramento granítico en que destaca a vexetación de mato e os piñeiros de repoboación. A lagoa, situada entre as puntas de Carreiro e Lens, na parroquia de Louro (Muros), está separada do mar aberto por un sistema dunar moi ben conservado e rodeada dun importante anel de vexetación palustre. Conforma un espazo duns 200 m de diámetro, en que aparecen londras, aves acuáticas e limícolas, como o lavanco real e a gaioliña, e réptiles como o lagarto das silvas.