Lovecraft, Howard Phillips
Lovecraft, Howard Phillips
Escritor estadounidense. Está considerado un dos clásicos da literatura de terror e un dos principais precursores do xénero de ciencia fición. Nas súas obras construíu un mundo imaxinario e distorsionado. Algunhas das súas narracións apareceron na revista Weird Tales, pero gran parte da súa produción, da que destacan At the Mountains of Madness (1931), The Dunwich Horror (1945) e The Case of Charles Dexter Ward (1952), é de publicación póstuma. Segundo algúns estudios, na obra de Méndez Ferrín e doutros autores galegos, sobre todo na presentación do clima de misterio e horror que rodea o relato, poden advertirse influencias do narrador estadounidense.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Providence, Rhode Island -
Deceso