Loxia
Loxia
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves, da familia dos frinxílidos, que se caracterizan por ter aspecto groso, coas mandíbulas do peteiro cruzadas, ás e cola negra, e o resto da plumaxe vermella nos machos ou verde acastañada nas femias. A este xénero pertencen especies como L. pytyopsittacus (cruzabico cabezón), L. curvirostra (cruzabico común), moi raras en Galicia, ainda que houbo algún rexistro ocasional delas no pasado.