loxicismo

loxicismo

(< lóxica)

  1. s m [FILOS]

    Doutrina desenvolvida por Frege, B. Russell e Whitehead, entre outros, que afirma que a matemática se reduce á lóxica. Presenta moitas dificultades para situar toda a matemática dentro do marco lóxico (formalismo).

  2. s m [FILOS/MAT]

    Corrente de pensamento de finais do s XIX que trata a matemática como unha simple aplicación da lóxica.

  3. s m [FILOS]

    Corrente filosófica que só acepta como válido o tipo de coñecemennto susceptible de recibir unha forma estritamente lóxica.

  4. s m

    Consideración de todas as cousas desde o punto de vista da lóxica.

Palabras veciñas

loxa | Loxia | lóxica | loxicismo | loxicista | lóxico -ca | loxística