lubricante
(< lubricar)
-
adx
Que lubrica.
Sinónimos: lubrificante. -
[TECNOL]
-
s
Substancia que se emprega para lubricar. Consiste xeralmente en aceite ou graxa mineral (procedente do petróleo), vexetal (de oliva, de colza ou de rícino) ou animal (de castor), pero ás veces empréganse substancias sólidas minerais (talco, grafito), aire ou auga. A súa propiedade máis característica é a viscosidade. A súa variación en función da temperatura exprésase mediante o índice de viscosidade.
Sinónimos: lubrificante. -
lubricante sintético
Lubricante que se obtén por síntese química e aditivos para mellorar o seu uso. Pode conter aceite mineral para mellorar a mestura. Normalmente os produtos básicos son clasificados en hidrocarburos sintetizados, ésters orgánicos e outros, como o poliglicol ou as siliconas. Os lubricantes sintéticos van desprazando aos minerais derivados do petróleo. Nos motores térmicos, comportan unha redución do consumo do combustible e do aceite á vez que prolongan a vida dos compoñentes do motor.
-
s