Lucano, Marco Aneo
Poeta latino, fillo de Marco Aneo Mela e sobriño de Séneca. Foi educado en Roma e perfeccionou a súa instrución en Atenas, onde compuxo diversos poemas, que se perderon, como Iliacon, sobre a Guerra de Troia, ou Catachthonion, sobre o mundo dos mortos. En Roma, Nerón acolleuno no círculo dos seus amigos e, co gallo das festas que lle foron tributadas (Neronia, 60), compuxo as Laudes Neronis, polas que foi coroado como poeta e recibiu, antes da idade regulamentaria, a questura e o sacerdocio augural. Pouco despois (62), publicou os tres primeiros libros do seu poema Farsalia. Rompeu as súas relacións con Nerón, que o privou de recitar versos e de defender plets. Imbuído das ideas estoicas, anticesarianas e republicanas, foi un dos xefes da conspiración de Pisón (62); ao ser descuberta, foi detido e condenado. Foi admirado na Antigüidade, durante a Idade Media e o primeiro humanismo, e foi considerado un dos grandes poetas latinos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Córdoba