Lucha, La

Lucha, La

Semanario publicado en Vigo a partir do 1 de abril de 1898,   baixo o subtítulo de “Semanario federal”, que cesou en 1914. O seu director, propietario e editor foi Antonio Fariña ata 1903, ano en que foi substituído por Joaquín Nóvoa Barros. Caracterizado pola súa maquetación, que facía que se abrise de esquerda á dereita, e polo seu estilo irónico e ferinte, foi un xornal de esquerdas e anticlerical que atacou a outras publicacións conservadoras. Incluíu editorial, poesías, reproducións de artigos e moi poucas noticias.