Lucha, La

Lucha, La

Semanario editado en Ourense a partir do 21 de agosto de 1931, e que cesou o 2 de abril de 1932. De tendencia socialista moderada, apareceu baixo o subtítulo “Órgano de la Agrupación Socialista y de la Federación Agraria de la Provincia”, da que foi voceiro. Dirixido por Xosé Marcos Naval e impreso nos obradoiros tipográficos La Popular, ofreceu información e opinión política, que foi contraria aos comunistas, anarcosindicalistas, conservadores e galeguistas. Polas súas páxinas pasaron cargos do partido en Galicia, como Edmundo Lorenzo, Alfonso Quintana, Manuel Suárez ou Enrique Heraclio Botana, ademais de sinaladas figuras do socialismo español, como Julián Besteiro ou Manuel Cordero.