Lucha Social, La

Lucha Social, La

Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir do 15 de marzo de 1919, que cesou no segundo trimestre de 1921. Exerceu como voceiro da “Federación de Sociedades Obreras y Agrícolas de Santiago, editada en Santiago”, e promoveuno un cadro sindical composto por Xosé Pasín, Ezequiel Rey, Manuel Fandiño e José Silva Martínez, entre outros. A partir do nº13 converteuse no “Órgano de las Sociedades Obreras de Resistencia de Santiago y su contornos”. De tendencia obreirista, estivo dirixido por Xosé Pasín e Xosé Silva, en breves intervalos. Desapareceu trala súa suspensión pola censura gobernativa.