Luchador, El

Luchador, El

Semanario anarquista publicado en Barcelona entre xaneiro de 1931 e agosto de 1933. Fundado por Federico Urales, foi o órgano de combate do grupo La Revista Blanca, que tiña un carácter maioritariamente teórico e ideolóxico. Deixou de publicarse cando se produciu a escisión dos Sindicatos de Oposición e se consolidou o dominio anarquista nos órganos directivos da CNT.