ludión

ludión
s m [FÍS]

Aparato destinado a estudar o equilibrio dos corpos somerxidos nos líquidos. Consta dun recipiente de vidro, cheo de auga e pechado por unha membrana elástica, que ten no interior unha pequena bóla baleira e furada, da que colga unha figuriña, denominada diaño de Descartes. Ao facer presión sobre a membrana, baixa a figuriña e, ao suprimir a presión, esta volve subir.

Palabras veciñas

ludiano -na | ludibrio | lúdico -ca | ludión | ludismo | ludista | Ludivina