ludismo

ludismo

(< antropónimo N. Lud)

s m [ECON/SOCIOL]

Movemento de protesta e resistencia dos proletarios ás tecnoloxías e prácticas de traballo innovadoras que xurdiu entre os obreiros ingleses a comezos do s XIX. Recibe o nome de Ned Lud, obreiro que en 1779 destruíu un telar mecánico. Na súa loita contra o telar de vapor os ludistas dedicáronse á destrución das máquinas e dos centros fabrís nos condados industriais británicos entre 1811 e 1818. Posteriormente, os traballadores cataláns en 1835 e en 1855, e tecedores da Silesia en 1840, imitaron estas medidas.

Palabras veciñas

ludibrio | lúdico -ca | ludión | ludismo | ludista | Ludivina | Ludlowiano