Ludwigshafen
Ludwigshafen
Cidade do land de Renania-Palatinado, Alemaña (162.173 h [1991]). Está situada na ribeira esquerda do Rin, diante da cidade de Mannheim, coa que ten acordos administrativos. O 90% das industrias son do sector químico. Destaca a BASF.