Lugrís Pérez, Ramón

Lugrís Pérez, Ramón

Xornalista e escritor. Vinculado aos ambientes culturais de Santiago de Compostela e influído por Ramón Piñeiro, integrouse no Partido Socialista Galego (PSG) trala súa fundación, como coordinador do grupo galeguista universitario. Defensor dunha solución federal para Galicia, colaborou no xornal La Noche, xunto con Borobó e outros destacados galeguistas. Traballou na sección española da BBC en Londres (1957-1962) e logo en Radio Nacional de España como correspondente nesa mesma cidade. Tradutor especializado da ONU, exerceu como correspondente da Axencia EFE en Madrid e Rio de Janeiro. Relator e colaborador de publicacións na emigración, foi director para América Latina e España da axencia Forum World Features. Da súa produción destacan Vicente Risco na cultura galega (1963), Problemas do noso tempo e O anti-intelectualismo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol