Luís XVI, estilo

Luís XVI, estilo

Estilo decorativo que se desenvolveu en Francia durante o reinado de Luís XVI. Marcou o retorno á Antigüidade, que levaría ao neoclasicismo. No deseño predominou a liña recta e unha busca da comodidade. Os mobles son xeralmente de caoba, lisos ou decorados con bronce.