Luís XV, estilo

Luís XV, estilo

Estilo decorativo que se desenvolveu en Francia durante o reinado de Luís XV. Apareceu cara a 1720, coa creación do pequeno salón íntimo. Os mobles, de pequenas dimensións, estaban decorados con marquetería ou lacados. As formas deste estilo son unha simplificación do rococó e os motivos son naturalistas, xeralmente vexetais. Houbo impotantes fábricas de porcelana, como Vincennes ou Sèvres.