Luís XIV, estilo

Luís XIV, estilo

Estilo decorativo que se desenvolveu en Francia durante o reinado de Luís XIV. Coincidiu co clasicismo francés, do que tomou a decoración para os interiores. O estilo, marcado pola Académie e Le Brun, foi esencialmente ostentoso, suntuoso e falto de naturalidade. As fábricas de Gobelins e Beauvais produciron a meirande parte destas pezas.