Lukáč, Emil Boreslav

Lukáč, Emil Boreslav

Poeta eslovaco. Influído polo simbolismo francés, a súa poesía alterna unha visión pesimista do mundo con outra máis serena do amor cara ao seu país e a Deus, como en Spoved (Confesións, 1922), Himny (1934) e Spev vlkov (O canto dos lobos, 1929). Tamén destacan Elixir (1934) e Moloch (1938), as dúas obras de temática social, Babel (1944) e Óda na poslední a první (Oda á derradeira e á primeira, 1967).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hodruš, Banská Štiavnika