Lüneburg
Lüneburg
Cidade do land de Baixa Saxonia, situada en Alemaña (61.500 h [1990]). En 1429 entrou a formar parte da Liga Hanseática. Nela asinouse, o 4 de maio de 1945, a primeira rendición dos alemáns, fronte ao xefe das forzas británicas do mariscal Montgomery. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Sankt Johannes (s XIV).