Luria, Salvador Edward

Luria, Salvador Edward

Bioquímico italiano. Traballou no Instituto Pasteur de París e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde investigou sobre os bacteriófagos. En 1942 obtivo co microscopio electrónico unha fotografía dun bacteriófago onde se reflexaba a súa morfoloxía: cabeza arredondada e rabo longo. En 1943, en colaboracion con Max Delbrück, demostrou que os bacteriófagos sofren mutacións como os organismos superiores. En 1945, descubriu, ao mesmo tempo e independentemente de Alfred Hershey, a aparición simultánea de mutacións na bacteria hospedeira e no fago parasito, fenómeno que se coñece como mutación inducida polo hospedeiro. Entre as súas obras destacan General virology (1953) e Vida: un experimento inacabado. En 1969 recibiu, xunto co M. Delbrück e A. D. Hershey, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus traballos sobre os bacteriófagos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Turín

  • Deceso

    Lugar : Lexington, Massachussetts