Luz
Luz
[ONOM]
Antropónimo feminino que procede do latín lux, lucis ‘luz’. Presenta motivacións diversas, desde as relacionadas con devocións relixiosas, como en luz eterna, luz perpetua ou Virxe da Luz; ás ideoloxías vinculadas á ciencia e ao progreso. Tamén pode ser un nome augural ou afectivo. A advocación mariana da Nosa Señora da Luz celébrase o 1 de xullo. É patroa do concello de Irixoa, onde se celebra o día 1 de xuño.