luz

luz

(

    1. s f [FÍS]

      Axente físico que constitúe unha das formas posibles de enerxía, que é capaz de impresionar os órganos da vista e permitir ver os corpos que a emiten. Está constituída por radiacións electromagnéticas e ocupa un intervalo moi pequeno no espectro electromagnético coñecido. Gracias á sensación da cor, o ollo chega a distinguir as diferentes partes do espectro visible (3.800 - 7.800 @). Por extensión e polas súas propiedades semellantes, tamén se denomina luz á radiación electromagnética de lonxitudes de onda veciñas ás do espectro visible, tanto polo lado superior (infravermello) como polo inferior (ultravioleta); así, fálase de luz infravermella ou de luz ultravioleta, ou ben de luz invisible en xeral. Desde o s XVIII houbo pugna entre dúas hipóteses para explicar a teoría da luz: a teoría corpuscular e a teoría ondulatoria. Newton realizou experiencias de descomposición da luz mediante un prisma (dispersión) e demostrou que a luz branca estaba composta de diferentes cores. Así deduciu a teoría corpuscular, pola que a luz está formada por uns corpúsculos emitidos polos corpos luminosos. En 1690 Huygens estableceu a teoría ondulatoria, que afirmaba que a luz era unha forma ondulatoria da transmisión da enerxía e non un feixe de corpúsculos. Para explicar o feito de que a luz se propaga no baleiro e polos espacios cósmicos, Huygens suxeriu que todo o Universo estaba formado por un medio particular, que denominou éter. Cos estudios de Hertz, Maxwell, Michelson, Morley, Einstein e Planck chegouse á conclusión de que o éter non existía, feito que desfacía a teoría da transmisión de Huygens. Arredor de 1900 dicíase que a luz era unha forma electromagnética da enerxía e por iso tiña que ter unha masa, que estaría sometida á gravitación, como evidenciou Einstein. A luz é unha forma de enerxía radiante que se presenta simultaneamente en forma de partículas, que Einstein denominou fotóns, e en forma de ondas. Esta dualidade de comportamento tamén estivo observada na materia. Segundo De Broglie a luz é unha onda electromagnética cando se considera a súa propagación polo espacio e unha partícula cando se considera que efectúa un cambio de enerxía. A primeira medida da velocidade da luz fíxose en 1676 por Oläus Römer. En 1926 Michelson mediuna no baleiro mediante un espello octogonal e aplicando os métodos empregados por Fizeau para realizar a medida no aire. O valor admitido na actualidade é c = 2,99792458 x 108 m/s. Segundo a teoría da relatividade, a velocidade da luz é a única constante do Universo.

    2. Cantidade de electricidade que atravesa a sección dun conductor na unidade de tempo.

    3. luz artificial [IND]

      Luz producida por un aparato de iluminación. Segundo a enerxía empregada para producila fálase de luz eléctrica, de gas, etc, e segundo o camiño seguido a partir da fonte luminosa dise que a luz é directa, difusa, indirecta, etc. O estudio e as aplicacións técnicas da luz artificial deron lugar á luminotecnia.

    4. luz branca/acromática [FÍS/IND]

      Luz que non produce ningunha sensación de cor definida. É unha luz policromática semellante á luz solar. Para fixar exactamente este tipo de luz foron determinados pola CIE diferentes patróns de luz branca. Así, defínese como aquela en que as coordenadas de cromacidade x, y, z son iguais, é dicir, x = y = z = 1/3, ou como a que posúe as mesmas características colorimétricas que a correspondente ao espectro equienerxético. Tamén se fixaron tres patróns internacionais, denominados A, B e C, que establecen unhas luces dunha temperatura de cor de 2.854, 4.800 e 6.500°K, respectivamente.

    5. luz coherente [FÍS]

      Luz constituída por raios coherentes.

    6. luz directa [IND]

      Luz que procede do foco luminoso sen reflexións nin difusións intermedias.

    7. luz fría [FÍS/IND]

      Luz producida por luminiscencia.

    1. luz coherente [FÍS]

      Luz constituída por raios coherentes.

    2. luz directa [IND]

      Luz que procede do foco luminoso sen reflexións nin difusións intermedias.

    1. s f [IND]

      Aparato de iluminación destinado a repartir, filtrar ou transformar a luz das lámpadas, e que comprende, ademais, todos os elementos necesarios para fixar e protexer as devanditas lámpadas, ademais dos dispositivos de conexión ao circuíto de alimentación. Segundo a súa constitución, forma ou destino as luces poden ser de diferentes tipos, que se designan xenericamente como luz de teito, candelabro, araña, proxector ou foco.

    2. s f [TRANSP]

      Dispositivo luminoso situado nun lugar visible do exterior dun vehículo ou dun aparato, que se emprega para indicar o seu funcionamento, posición ou situación.

    3. luz de cidade/de poboación [TRANSP]

      Cada unha das luces cun alcance menor de 100 m que empregan os automóbiles ou motocicletas cando circulan por unha poboación ou por unha estrada cando circula un vehículo diante.

    4. luz de cruzamento/curta [TRANSP]

      Cada unha das luces cun alcance máximo de 40 m que empregan os automóbiles ou motocicletas en vías urbanas pouco iluminadas ou cando circulan por estrada e teñen outro vehículo diante.

    5. luz de estrada/longa [TRANSP]

      Cada unha das luces cun alcance mínimo de 100 m que empregan os automóbiles ou motocicletas cando circulan por estrada e non hai ningún outro vehículo diante.

    6. luz de freo [TRANSP]

      Cada unha das luces da parte posterior dos automóbiles, motos ou outros vehículos, que se acenden automaticamente ao pisar o pedal do freo.

    7. luz de gálibo [TRANSP]

      Cada unha das luces situadas nos ángulos superiores dos camións e autocares de máis de 2 m de anchura e 6 m de longo.

    8. luz de gancho/de crisol

      Luz de aceite que ten o dispositivo en forma de prato voador cun ou máis bicos e que se sostén colgado por un gancho.

    9. luz de marcha atrás [TRANSP]

      Luz da parte posterior dos automóbiles que se acende cando se efectúan manobras de marcha atrás.

    10. luz de néboa [TRANSP]

      Cada unha das luces situadas na parte dianteira ou traseira do vehículo que reforzan a capacidade de iluminación das luces de estrada en circunstancias de escasa visibilidade, como néboa, neve ou chuvia intensa.

    11. luz de pista [AERON]

      Cada un dos dispositivos luminosos que definen de forma clara as pistas dun aeroporto para poder realizar con seguridade as manobras de aterraxe e voo das aeronaves en momentos de pouca visibilidade.

    12. luz de posición [TRANSP]

      Cada unha das luces que, situadas preto das partes máis saíntes do vehículo, serven para indicar a súa posición.

    13. luz de soldar

      Aparato manual de soldar que consiste nun soprete que queima o combustible vaporizado (butano ou petróleo) que procede dun pequeno depósito. Utilízase, especialmente, polos lampistas, e, en xeral, para realizar soldadura de baixo punto de fusión.

    14. luz intermitente [TRANSP]

      Luz de funcionamento intermitente que serve para indicar as manobras laterais dun vehículo.

  1. s f
    1. Diámetro interior dun tubo ou canalización.

      Ex: O tubo está tan oxidado que xa non ten luz para que pase a auga.

    2. [ANAT]

      Espacio do interior dun intestino, arteria, vea, capilar ou da cavidade dun órgano baleiro.

  2. s f [ARQUIT]

    Cada un dos vans que proporcionan a iluminación do interior dun edificio.

  3. s f

    Distancia horizontal entre os apoios dun arco.

    Ex: A súa filosofía foi a luz de toda unha xeración.

  4. s f

    Persoa, cousa ou coñecemento que ilumina a mente ou o corazón ou que serven de guía.

    Ex: O uso das luces na obra deste pintor é o seu trazo máis característico.

  5. s f pl

    Parte máis clara nun debuxo ou nunha pintura.

    Ex: Non o entende porque non ten moitas luces.

    Confrontacións: intelixencia.
  6. luz de situación [MAR]

    Capacidade intelectual dunha persoa.

  7. luz incidente [IMAX]

    Luz que, de acordo co Regulamento internacional para previr as abordaxes no mar, han de levar obrigatoriamente os buques, as embarcacións e os hidroavións para sinalar a súa presenza durante a noite. O seu número, cor e disposición varía segundo as circunstancias.

  8. [INDUM]
    1. luz incidente

      Luz que recae sobre unha superficie ou obxecto, en oposición á que estes mesmos refliten.

    2. luz parasita

      Punto brillante nunha imaxe que orixina o reflexo da luz intensa.

    3. luz rebotada

      Luz reflectida desde unha superficie sobre un motivo.

    4. luz de día artificial

      Luz artificial equilibrada de tal xeito que se asemella á cor da luz natural.

Frases feitas

  • Ver a luz 1 Ser publicado ou coñecido algo.

  • 2 Nacer.

  • 2 Xulgado pola información que proporciona algo.

  • Á luz de 1 Iluminado pola luz de algo.

  • A todas luces. Evidentemente.

  • Botar luz sobre un asunto. Aclarar un asunto.

  • Dar a luz. Parir.

  • Sacar á luz (pública). Publicar algo, descubrir algo ante a opinión pública.

  • Saír á luz (pública). Ser publicado algo, presentarse ante a opinión pública.

Refráns

  • A muller e a tea quéroa á luz da candea.
  • Candil con moco alumea pouco.
  • Na casa do cereiro ninguén se deita ás escuras.
  • Non hai mellor luz cá da mañá.

Palabras veciñas

luxuria | luxuriante | luxurioso -sa | luz | Luz | Luz | Luz