Luz y Sombra
Luz y Sombra
Semanario editado en Vigo a partir do 23 de abril de 1892 e que cesou en decembro dese mesmo ano. Dirixida por Manuel Reymóndez, apareceu baixo o subtítulo “Semanario satírico-literario-ilustrado”. Foi unha publicación novidosa dentro da súa época, con ilustracións gráficas, presentacións amenas e contidos literarios e humorísticos.