luzada

luzada

(< luz)

  1. s f

    Luz intensa que despide un corpo.

    Ex: As luzadas do faro víanse a moitas millas da costa.

    Sinónimos: brillo, resplandor. Confrontacións: lufada.
  2. s f

    Primeira luz do día.

    Confrontacións: abrente, alba, albor, amencer, aurora.

Frases feitas

  • Á luzada loc adv Ao amencer.

  • Luzada da noite, luzada da Lúa. Resplandor ou claridade da lúa, sobre todo en cuarto crecente.

Palabras veciñas

Luz y Sombra | Luz, La | Luz, La | luzada | Luzán, Ignacio de | Luzbel | Luzes de Galicia