brillo

brillo

(< brillar)

  1. s m

    Luz que despide un corpo.

    Ex: A nova estrela desprendía un brillo moi intenso.

    Sinónimos: brillantez, resplandor. Confrontacións: esplendor.
  2. s m

    Que posúe unhas calidades admirables.

    Ex: O brillo dos seus ollos delatouno.

    Sinónimos: brillantez.
  3. s m [INFORM]
    1. Dispositivo das pantallas dos ordenadores empregado para facelas máis ou menos luminosas.

    2. Filtro de programas de manipulación fotográfica que ten o mesmo efecto que xirar o mando dun televisor ou dun monitor de ordenador; aclara ou ben escurece a zona completa á que se aplica. O brillo pode estar combinado co filtro de contraste, posto que os dous atributos aféctanse entre si.

    3. Control de aplicacións dispoñible normalmente cos escáneres e usado para axustar a luz normal da imaxe.