brillantina

brillantina

(< brillante)

  1. s f

    Preparado cosmético para facer relucentes os cabelos e darlles unha certa adherencia despois de peiteados. Actualmente, as brillantinas sólidas prepáranse con vaselina e cantidades variables de aceites e ceras, mentres que as líquidas, con aceite de vaselina, de solucións alcohólicas de aceites, ou de emulsións diversas.

    Ex: Para a festa vou botar brillantina na cabeza.

  2. s f [INDUM]

    Tecido branco de algodón brillante usado especialmente para forros e prendas infantís e femininas.