L’viv

L’viv
Nome científico: [ruso: L’ vov; al: Lemberg]

Capital da oblast’ homónima, Ucraína (786.147 h [1999]). Situada á beira do río Peltev e construída en forma circular, é o centro económico e intelectual de Ucranía occidental. Ten industria automobilística, de instrumentos de precisión, electrónica, química e téxtil. A cidade, fundada polo príncipe León de Halicz cara a 1250, pasou decontado a dominio xermánico. Conquistada por Casimiro III de Polonia, seguiu as vicisitudes da rexión de Galitsia, e con ela quedou anexada á República Socialista Soviética de Ucraína. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral católica, Uspenskij (1840), reformada en estilo barroco.