Lynch, lei de
Lynch, lei de
Costume segundo o que se impón o castigo dun pretendido criminal ou de aquel que atenta contra a moral vixente prescindindo de toda formalidade legal. O nome deriva de Charles Lynch, patriota virxiniano que durante a Guerra de Independencia de EE UU aplicou penas sumarísimas sen ningún tipo de autorización. Tamén do seu nome derivan os termos linchamento e linchar.