Lynes, George Platt
Lynes, George Platt
Fotógrafo. Tivo unha formación autodidacta como fotógrafo. En 1925 viaxou a París, onde entrou en contacto co surrealismo e fixo as súas primeiras exposicións con Julien Levy (1932). Instalouse en Nova York (1933), onde traballou para Harpe’s Bazaar e Vogue, para a que fixo retratos de actores en Hollywood. Aínda que destruíu gran parte do seu material, algún quedou recollido no libro George Platt Lynes: Photographs 1931-1955 (1981).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : New Jersey -
Deceso
Lugar : Nova York