Mafalda de Portugal, santa
Mafalda de Portugal, santa
Raíña de Castela (1215-1217), filla de Sancho I de Portugal. Casou con Enrique I de Castela, pero o matrimonio foi anulado por Inocencio III. Regresou a Portugal e fixo restaurar o mosteiro de Arouca, onde profesou e estableceu unha comunidade de monxas cistercienses. Tamén restaurou a catedral de Porto e favoreceu a instalación de franciscanos e dominicanos no Reino de Portugal. A súa festividade celébrase o 2 de maio.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso