motociclismo

motociclismo

(< motocicleta)

s m [DEP]

Deporte que se practica coa motocicleta. O motociclismo tivo as súas primeiras manifestacións en Francia e en Inglaterra, a finais do s XIX. A primeira carreira celebrouse en Francia (1896), cando oito competidores cubriron a distancia de ida e volta entre París e Nantes. Unha das primeiras competicións reguladas pola Federación Internacional Motociclista (FIM), creada en 1904, foi o Tourist Trophy, na illa de Man (1907). Pódense clasificar as diferentes probas motociclistas seguindo variados parámetros, se ben os máis utilizados son fundamentalmente catro: o tipo de pilotaxe, o lugar onde se desenvolve a proba, as características da moto e a cilindrada da mesma. Así, distinguimos entre carreiras de velocidade (xeralmente en circuíto), probas de resistencia, de regularidade e competición sobre terreo accidentado, na dobre posiblidade de velocidade (motocróss) e habilidade (trial). A principal competición de velocidade é o campionato do mundo de pilotos e de marcas, organizado pola FIM.

Confrontacións

motorismo

Palabras veciñas

motobomba | motocarro | motocicleta | motociclismo | motociclista | motociclo | motocróss