Muljacic, Zarko
Muljacic, Zarko
Romanista croata. Profesor de lingua e literatura italianas na Freie Universität Berlin, escribiu estudos sobre materias teóricas como a fonoloxía e as estratexias clasificatorias dentro das linguas románicas. Da súa obra destacan Opća fonologija i fonologija suvremenog talianskog jekiza (Fonoloxía xeral e fonoloxía específica do italiano moderno, 1964), Introduzione allo studio della lingua italiana (1971), Fonologia della lingua italiana (1972) e Scaffale italiano: ; avviamento bibliografico allo studio della lingua italiana (1991) e escribiu o artigo “A estandarización do galego á luz de procesos análogos noutras linguas minorizadas europeas” (en Estudios de sociolingüística galega sobre a norma do galego culto, 1995).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Split