1 m
-
s
m
[ESCR]
Décimo primeira letra do alfabeto galego, denominada eme.
-
s
m
[FILOL/LING]
Grafía que representa o fonema consonántico nasal bilabial sonoro /m/. En posición explosiva realízase como [m] e pode darse en sílaba inicial, medial ou final (mada [maða], fama [fama]). En posición inicial pódese dar o grupo /mn/ en termos cultos (mnemónico, mnemonizar) que, nunha pronuncia menos coidada, perde o primeiro elemento e realízase como [n]. En posición implosiva o fonema /m/ neutralízase no arquifonema /N/ que, ante consoante oclusiva bilabial, admite a realización [m] (campo [kãmpo], ambos [ãmbosª]). Diacronicamente a grafía <m> procede de: a) M- en posición inicial (MENSA > mesa, MOLERE > moer), que tende a disimilarse cando existe outro m na mesma palabra ou sintagma (MATRE > mai > nai (por miña mai), MĔMŎRARE > nembrar > lembrar); b) simplificación dunha consoante xeminada -MM- intervocálica (GRŬMMU > gromo); e c) -M- intervocálico (LACRĬMA > lágrima).