Macario/Macaria
Macario/Macaria
[ONOM]
Antropónimo que deriva do grego Makarios ‘beato, feliz’ -que pasou ao latín cristián como Macarius-, e este do adxectivo makarios ‘feliz, aventurado’. Dos santos que levan este nome, destacan san Macario de Alexandría (s IV), anacoreta exipcio na Tebaida, que se celebra o 15 de xaneiro; san Macario de Gante, santo lendario nacido en Antioquía que se celebra o 10 de abril; e o mártir san Macario de Sevilla (s IV), que se celebra o 28 de febreiro.