Machar, Josef Svatopluk

Machar, Josef Svatopluk

Poeta, xornalista e ensaísta checo. As súas primeiras composicións expresan sentimentos íntimos, amor e ironía. Co tempo converteuse no escritor realista máis destacado da época no seu país e a súa obra reflectiu conflitos sociais e nacionais. Escribiu Confiteor (1887), Gólgota (1901) e Tristium Praga (1926). Foi membro da Academia Checa das Letras (1893-1895).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kolin, Bohemia

  • Deceso

    Lugar : Praga