Madame Bovary

Madame Bovary
[LIT]

Novela de Gustave Flaubert, escrita entre 1851 e 1856, e publicada en La Revue de Paris (1857). Describe a historia de Emma Bovary, amante do luxo que se considera unha heroína romántica pero que non sabe aceptar a súa realidade. Fatigada pola vida aburrida e polo ambiente provinciano que a rodea, convértese nunha esposa infiel ata que finalmente se suicida. Esta obra, cualificada de inmoral pola crítica da época, está considerada como unha das creacións máis importantes da novela moderna.

Palabras veciñas

Madaleniano | madama | Madama Butterfly | Madame Bovary | madamita | Madanela | Madañela