Madariaga Rojo, Salvador de
Escritor e político. Traballou en Londres como redactor de The Times, ingresou na xefatura de Desarme (1921-1927) da Secretaría Xeral da Sociedade de Nacións e foi catedrático de Lingua e Literatura españolas na Oxford University (1928-1931). Durante a Segunda República foi embaixador en Washington (1931) e París (1932). Deputado pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), foi cuarto vicepresidente das Cortes e ministro de Instrución Pública e Belas Artes e de Xustiza (1934). Fóra de España, foi presidente da Sección Cultural do Movimiento Europeo (1948-1964), e creou en Bruxas o Colegio de Europa (1949). Escribiu poesía, narración, novela e o libreto da ópera Numance. Destacou polos seus ensaios Guía del lector del Quijote (1926), Ingleses, franceses y españoles (1928, Premio L’Europe Nouvelle) e España, ensayo de historia contemporánea (1931). Tamén escribiu as biografías Vida del muy magnífico señor don Cristóbal Colón (1940), Hernán Cortés (1941) e Vida de Bolívar (1952). Foi membro da Real Academia da Lengua Española e recibiu a cruz de Alfonso X el Sabio.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Locarno, Suíza