Madeira

Madeira

Arquipélago de Portugal, situado no Océano Atlántico, ao N de Canarias, fronte ás costas de Marrocos e que constitúe unha rexión autónoma de Portugal (782 km2; 245.012 h [2001]). Comprede as illas de Madeira, Porto Santo, e os grupos de illas Desertas e Salvagens. A capital é Funchal. De orixe volcánica, o cumio máis elevado é o Ruivo, que acada os 1.861 m de altitude. O clima é suave e a vexetación é de tipo macaronésico. A poboación concéntrase principalmente na capital. O cultivo principal é a vide, seguido de cana de azucre, bananas, froita e hortalizas. Foi conquistado polo navegante João Gonçalves Zarco, quen empezou a colonización a partir de 1425. En 1980 conseguiuse a autonomía para negociar directamente as inversións estranxeiras nas illas.