Madrid, Conferencia de
Madrid, Conferencia de
Reunión diplomática celebrada de maio a xullo de 1880 en Madrid para determinar a situación de Marrocos fronte ás potencias coloniais. Reino Unido conseguiu unha limitación da penetración francesa e italiana e un aumento da autoridade militar sobre tribos do interior. Estivo vixente ata a Conferencia de Algeciras en 1906.