Magalhães, Fernão de

Magalhães, Fernão de

Navegante. De orixe nobre, en 1505 participou na expedición do vicerrei Francisco de Almeida en India. Navegou por Extremo Oriente e colaborou co vicerrei Alburquerque ata 1513, que volveu a Portugal. Combateu en Marrocos (1514) e en contacto co Rei Carlos I, suxeriu chegar as illas Molucas seguindo a ruta occidental pola demarcación castelá. En 1518 foi nomeado capitán xeneral da flota e gobernador das terras que descubrira. Partiu de Sevilla un ano despois con cinco naves e navegou ata Rio de Janeiro e Patagonia, e dirixiuse ao S onde descubriu o estreito que leva o seu nome. Iniciou a travesía do Pacífico con tres naves e en marzo de 1521 chegou as illas Marianas. Días despois arribou á illa de Cebu en Filipinas e percorreu outras como a de Mactán, onde morreu a mans dun grupo indíxena. A expedición continuou a viaxe, que acabou a nave Victoria, comandada por Juan Sebastián Elcano.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Porto

  • Deceso

    Lugar : Mactán, Filipinas