Maglemosense

Maglemosense
[PREHIST]

Cultura mesolítica de Europa Septentrional que data de 6.800 a 5.000 a C, aproximadamente. O nome deriva da estación de Maglemose (Dinamarca). Estendeuse desde o SL de Reino Unido ata Estonia e Letonia, incluíndo zonas de Dinamarca, Suecia, Alemaña e Polonia. Era unha cultura de pastores e cazadores que fabricaban instrumentos de ósos, cornos de reno e sílex, xeralmente microlíticos.