mago -ga

mago -ga

(< lat magu < gr μάγος)

  1. s
    1. Persoa que practica a maxia.

      Ex: Acudiu a un mago para que lle quitase o feitizo.

      Sinónimos: bruxo.
    2. Persoa que fai trucos de maxia.

      Ex: O mago fixo desaparecer o floreiro.

      Confrontacións: ilusionista.
  2. s m [HIST/RELIX]
    1. Caste relixiosa da antiga Persia coñecida polos seus dotes como astróloga e adiviñadora.

    2. Cada un dos tres reis que adoraron a Xesús Cristo ao nacer.

  3. s

    Persoa que destaca nunha actividade.

    Ex: Aquel rapaz era un mago do balón.