Mahler, Gustav

Mahler, Gustav

Compositor e director de orquestra austríaco. Foi discípulo de Brukner, e director da Ópera de Viena (1891-1897), da Metropolitan Opera de Nova York (1908-1910) e da New York Philarmonic (1909-1911). A súa obra presenta melodías e ritmos populares, e o seu romanticismo tardío levouno a escribir obras sinfónicas de grandes dimensións, en que anticipa elementos do expresionismo musical da xeración posterior. Compuxo obras sinfónicas e vocais, das que destaca Das Lied von der Erde (O canto da terra, 1908) e ciclos de cancións como Des Knaben Wunderhorn (O mozo do corno máxico, 1889) e Kindertotenlieder (Cancións dos nenos mortos, 1904).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kalistch, Bohemia

  • Deceso

    Lugar : Viena